domingo, 26 de novembro de 2023

A MAXIA DO OUTONO

 

            Preme na imaxe para ver a galería de fotos


       O pasado xoves, o alumnado de 5º de infantil foi percorrer o Monte do Castro con motivo da chegada do outono. Viron follas de moitos cores, recolleron landras, piñas, castañas,... Foi unha mañá chea de novos aprendizaxes.

sábado, 25 de novembro de 2023

VISITA O CASTELO DE SOUTOMAIOR

       Preme na imaxe para ver a galería de fotos


 Esta semana, o alumnado de 6º de infantil visitou o "Castelo de Soutomaior" con motivo do proxecto  "Os Castelos". Alí, percorreron o muro, xogaron nos seus incribles xardíns e coñeceron o interior do  castelo. Unha visita guiada por cada unha dos seus cuartos e rincóns. Cánto aprenderon!

martes, 21 de novembro de 2023

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

O alumnado de 6º de infantil disfrutou hoxe dunha visita inusual no noso cole, unha exhibición de CETRERÍA. Están traballando o proxecto dos castelos e por iso tiveron o pracer de recibir a visita de dous adestradores especializados en aguias para o porto e falcóns para o aeroporto de Vigo.

¡Menuda experiencia!

domingo, 19 de novembro de 2023

FESTA DO MAGOSTO 2023



          Preme na imaxe para ver a galería de fotos

O cheiro, o sabor e a tradición inundaron o pasado venres o colexio coa celebración do popular magosto. Para iso, contamos coa inestimable colaboración da ANPA do cole que dedicáronse a asar as castañas para poder gozar dun gran día.

mércores, 15 de novembro de 2023

COLEXIO SAN MIGUEL II

O alumnado de 5º infantil visitou o colexio San Miguel para afianzar os coñecementos adquiridos a través do proxecto do corpo humano. Alí ensináronlles, a través de diferentes talleres, a poñer en práctica todo o aprendido, dende medir a súa frecuencia cardíaca ata os hábitos necesarios para manter unha boa hixiene bucodental.

          

¡Pasárono fenomenal e disfrutaron moito cos alumnos e alumnas do noso colexio veciño!

mércores, 1 de novembro de 2023

FESTA SAMAÍN E GAÑADORES CONCURSO CABAZAS

O alumnado de Educación Infantil preparouse cos seus atuendos máis terroríficos para a Festa de Samaín.


Ademais, fixeron as súas cabazas para presentarse ao concurso.

                                  Fotos

MENÚ COMEDOR NOVEMBRO