venres, 15 de marzo de 2024

KIDCODE

Hoxe, os alumnos e alumnas de 6⁰ de infantil visitamos KIDCODE, un centro de tecnoloxía, ciencia e habilidades dixitais moi preto do noso cole.

Preme na imaxe para ver cánto nos divertimos

Fixemos un obradoiro de reciclaxe ♻️ e diseñamos uns robots que nos axuden a cuidalo planeta. 
Moitas grazas a todos e todas as monitoras do centro que tanto nos ensinaron e axudaron.

 Xa queremos volver!!

venres, 8 de marzo de 2024

8M - DIA INTERNACIONAL DA MULLER



Preme na imaxe para ver os nosos arcos da vella


Hoxe celebramos o 8 de marzo, día internacional da muller, e o fixemos a través dun conto chamado "Los colores" no que se traballa a coeducación e a importancia de dicirlles aos nenos e nenas a necesidade de estar unidos na loita. Como actividade final, cada neno e nena colorearon un arco da vella. 

                    Valentes - Invencibles - Loitadoras
 

martes, 5 de marzo de 2024

SAÍDA AO MERCADO

Preme na imaxe para ver o ben que o pasaron


Para finalizar o proxecto "Coas mans na masa" e afianzar os aprendizaxes adquiridos, o alumnado de 5º de Educación infantil foi visitar o "Mercado das Travesas" onde coñeceron os diferentes postos: peixerías, carnicerías, tendas de froitas, tendas de flores,...
Pasárono moi ben!

Moitas grazas ao Mercado das Travesas por acollernos tan ben.

xoves, 29 de febreiro de 2024

mércores, 28 de febreiro de 2024

VISITA AO SÚPER

 E para rematar o proxecto dos sentidos... VISITA AO SÚPER!

Hoxe pola mañá ambos grupos de tres anos puxémonos os abrigos e paseamos ata un dos supermercados da nosa rúa para poder ver de cerca todos os alimentos e poñer en práctica os nosos coñecementos. Coñecimos a todas as persoas que traballan alí e nos explicaron en que consisten os seus traballos. 


Se premes na foto poderás ver o ben que o pasamos

Moitas gracias ao Plenus que ademais de nos permitir a visita e facela moi divertida, fixéronnos algún que outro agasallo.

domingo, 18 de febreiro de 2024

A GALOPE!

 

Preme na imaxe para ver a galería de fotos


O pasado venres, o alumnado de 6º de Educación infantil visitou a Escola de Equitación de San Cosme. Tiñan moitas ganas desta saída xa que para a maioría, era a primeira vez que montaba nun poni. Coñeceron as súas instalacións: cuadras, comedores e duchas. 
Ademais deste primeiro contacto coa equitación, tamén fixeron un percorrido pola granxa, onde interactuaron con diferentes animais como coellos, galiñas, cordeiros e porcos. Foi unha gran experiencia.

sábado, 10 de febreiro de 2024

ENTROIDO, ENTROIDO

Como cada ano, celebramos o noso Entroido no cole, pero este ano coa temática das bandas deseñadas. Por iso, os nenos e nenas de Educación Infantil convertíronse nos mellores superheroes e superheroínas que podíamos ter imaxinado.



Aínda que foi unha festa pasada por auga, iso non nos impediu festexar e divertirnos cos nosos compañeiros e compañeiras. Desexámosvos que pasedes un bo entroido!

xoves, 1 de febreiro de 2024

martes, 30 de xaneiro de 2024

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

 O 30 de xaneiro conmemórase o Día da Paz e da Non Violencia, e como non podía ter sido doutro xeito, dende o Colexio Labor fixémonos eco diso.



Se pinchades na imaxe do mural que fixeron os alumnos e alumnas de primaria vos mostramos as pombas da paz que fixemos na clase ao tempo que recordamos o importante que é ter unha boa convivencia e respetar aos demais.

luns, 8 de xaneiro de 2024

MENÚ COMEDOR XANEIRO




 

VISITA DE PAPÁ NOÉL


O mércores 20 de decembro tivemos a sorte de contar no noso centro coa visita de Papá Noél e dos seus elfos. Foi unha mañá estupenda chea de caras de sorpresa e emoción. Moitas grazas pola visita.
Aproveitamos para felicitarvos o ano novo e que o 2024 esté cheo de momentos felices. 

 

martes, 19 de decembro de 2023

SAÍDA AO CARRUSEL

Achégase o Nadal e con él, as vacacións, e no Colexio Labor non encontramos unha mellor maneira de despedirnos que indo todos xuntos ao centro da cidade para ver as luces e disfrutar montándonos no carrusel.


Tamén aproveitamos para nos achegar ao parque do concello e xogar un pouco todos xuntos.

venres, 1 de decembro de 2023

domingo, 26 de novembro de 2023

A MAXIA DO OUTONO

 

            Preme na imaxe para ver a galería de fotos


       O pasado xoves, o alumnado de 5º de infantil foi percorrer o Monte do Castro con motivo da chegada do outono. Viron follas de moitos cores, recolleron landras, piñas, castañas,... Foi unha mañá chea de novos aprendizaxes.

sábado, 25 de novembro de 2023

VISITA O CASTELO DE SOUTOMAIOR

       Preme na imaxe para ver a galería de fotos


 Esta semana, o alumnado de 6º de infantil visitou o "Castelo de Soutomaior" con motivo do proxecto  "Os Castelos". Alí, percorreron o muro, xogaron nos seus incribles xardíns e coñeceron o interior do  castelo. Unha visita guiada por cada unha dos seus cuartos e rincóns. Cánto aprenderon!

martes, 21 de novembro de 2023

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

 As nenas e os nenos de 6º de infantil disfrutaron hoxe dunha visita inusual no noso cole, unha exhibición de CETRERÍA. Están traballando o proxecto dos castelos e por iso tiveron o pracer de recibir a visita de dous adestradores especializados en aguias para o porto e falcóns para o aeroporto de Vigo.

¡Menuda experiencia!

domingo, 19 de novembro de 2023

FESTA DO MAGOSTO 2023



          Preme na imaxe para ver a galería de fotos

O cheiro, o sabor e a tradición inundaron o pasado venres o colexio coa celebración do popular magosto. Para iso, contamos coa inestimable colaboración da ANPA do cole que dedicáronse a asar as castañas para poder gozar dun gran día.

mércores, 15 de novembro de 2023

COLEXIO SAN MIGUEL II

O alumnado de 5º infantil visitou o colexio San Miguel para afianzar os coñecementos adquiridos a través do proxecto do corpo humano. Alí ensináronlles, a través de diferentes talleres, a poñer en práctica todo o aprendido, dende medir a súa frecuencia cardíaca ata os hábitos necesarios para manter unha boa hixiene bucodental.

          

¡Pasárono fenomenal e disfrutaron moito cos alumnos e alumnas do noso colexio veciño!

mércores, 1 de novembro de 2023

FESTA SAMAÍN E GAÑADORES CONCURSO CABAZAS

Os nosos alumnos e alumnas de Educación Infantil preparáronse cos seus atuendos máis terroríficos para a Festa de Samaín.


Ademais, fixeron as súas cabazas para presentarse ao concurso.

                                  Fotos

MENÚ COMEDOR NOVEMBRO


 

domingo, 8 de outubro de 2023

EXCURSIÓN MONTE O CASTRO

O venres o alumnado de 6º de infantil realizou a súa primeira excursión do curso. Coincidindo co inicio do outono e co seu proxecto "os castelos" visitaron a fortaleza do monte "O Castro" e disfrutaron da paisaxe típica desta época. Foi unha mañá moi divertida chea de curiosidades.



Ver fotos

venres, 29 de setembro de 2023

xoves, 21 de setembro de 2023

REUNIÓNS PRINCIPIO DE CURSO

Como cada ano, realizaranse as reunións iniciais coas familias de cada un dos grupos de Educación Infantil. As datas marcadas para este curso 23/24 son:

- 4⁰ inf: 26 de setembro as 16.00h
- 5⁰ inf: 27 de setembro a las 16.00h
- 6⁰ inf: 28 de setembro a las 16.00h

domingo, 17 de setembro de 2023

MENÚ COMEDOR SETEMBRO

Cada mes actualizarase o menú de comidas na pestaña do marxe esquerdo correspondente  ó        COMEDOR

mércores, 13 de setembro de 2023

¡BIENVENIDOS Y BIENVENIDAS AL NUEVO CURSO!



EMPEZAMOS EL CURSO 23/24 CON LAS PILAS CARGADAS Y SABIENDO QUE AQUÍ ENCAJAMOS TODOS

xoves, 22 de xuño de 2023

Fiesta de pompas

¡Feliz verano! Nos vemos después de las vacaciones.


venres, 16 de xuño de 2023

Corazón de carballo

Para terminar nuestro último proyecto, "la granja", visitamos en Tomiño la granja escuela Corazón de Carballo. Allí realizamos actividades relacionadas con el cuidado de los animales y la huerta.  




mércores, 14 de xuño de 2023

Surf en Patos

Refrescante día de surf en la playa de Patos. Excursión fin de curso,  ya casi somos de primaria.



luns, 12 de xuño de 2023

Ayudas municipales

Os recordamos que ya se pueden solicitar las ayudas  municipales de comedor y de libros y material escolar para educación infantil. Las solicitudes podrán presentarse desde el lunes  día 05 de junio hasta el viernes 30 de junio.


Más información👆

venres, 9 de xuño de 2023

Museo do mar

 Visita dos alumnos de 5º infantil ao Museo do Mar de Galicia onde visitamos o acuario e fixemos divertidos talleres sobre os prinicipais ecosistemas que se atopan na Ría de Vigo.