martes, 23 de abril de 2024

FELIZ DÍA DO LIBRO

 

Preme na imaxe para ver a galería de imaxes


Hoxe, 23 de abril, nas aulas de Educación Infantil, celebrouse o "Día do libro" e para iso, o alumnado elaborou uns marcadores fantásticos. 
O principal obxectivo de dita celebración é estimular e promover á lectura dende idades temperás.

Bo día do libro!


"O mellor agasallo para un neno ou nena é un conto" (Gloria Fuertes)

domingo, 21 de abril de 2024

VISITA "FUNDACIÓN SALES"

Preme na imaxe para ver a galería de imaxes


O pasado venres, o alumnado de 6º de Educación infantil foi visitar o xardín botánico da Fundación Sales con motivo do seu proxecto relacionado coa auga. Alí puideron coñecer unha gran variedade de plantas silvestres e cultivadas ademais de realizar un taller de plantación. 

domingo, 14 de abril de 2024

DÍA DA SAÚDE

 O día 7 de abril foi o Día da saúde e para facernos eco desa conmemoración convidamos a dous  sanitarios moi especiais... un papá e unha mamá dos nosos grupos. 

Preme na imaxe para ver o ben que o pasaron


Faláronlles sobre o concepto de saúde e explicáronlles cales son os hábitos que teñen que seguir para axudar ao noso corpo a estar san: alimentación saudable, facer exercicio, durmir ben e pensar cousas positivas. Tiveron a oportunidade de aprender para que sirven aquelas prácticas que fan os médicos cando van ás revisións (o fonendo, o pauciño da garganta, a luz para ver os ollos, etc.).

Ademais, en caso de emerxencia, explicáronlles a quen deberían chamar e cómo deberían actuar.

Foi unha experiencia moi enriquecedora e por iso dámoslle as gracias unha vez máis aos nosos colaboradores.


luns, 8 de abril de 2024

MUSEO MARCO

O pasado venres, o alumnado de 4º de Educación Infantil, fixo unha saída ao Museo de Arte Contemporánea (MARCO) e puideron disfrutar da exposición guiada do artista Daniel Verbis.


Ademáis, tíñanlles preparado un obradoiro de arte no que puideron disfrutar pintando cunha técnica moi creativa. 
Pincha na foto para ver as obras que fixeron e o ben que o pasaron coñecendo as distintas salas do museo.