lunes, 5 de mayo de 2025

SAÍDA AO TEATRO 🎦

Preme na imaxe para ver as fotos

Hoxe, o alumnado de Educación infantil fixo unha saída ao teatro A Fundación  para gozar  da obra "E entón, un  xardín".  Trátase dun espectáculo de títeres con música en directo no que o xardín convértese nun lugar de celebración onde plantas e animais son os protagonistas dunha comedia disparatada espertando a imaxinación e traballando valores como a empatía, a responsabilidade e o respecto, Foi un día estupendo.


MENÚ COMEDOR MAIO 🍴



viernes, 25 de abril de 2025

SAÍDA KIDCODE 🤖 🧩♻️

Preme na imaxe para ver as fotos


Hoxe, o alumnado de 6º de Educación infantil, para rematar o proxecto "Operación Recicla", foi de excursión a Kidcode. Alí, coñeceron diferentes formas de coidar o planeta utilizando as tres R (Reducir, Reutilizar e Reciclar). Ademais, realizaron un obradoiro onde cada un elaborou o seu propio robot empregando materiais reciclados. Pasárono xenial!!

miércoles, 23 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO 📚

Preme na imaxe para ver as fotos


Hoxe, o alumnado de Educación infantil celebrou o Día do libro e o profesorado lembroulles a importancia no inicio da lectura a cal lévaos a rincóns máxicos con persoaxes imaxinarios cheos de fantasía. Así, os libros son un pasaporte ao mundo e dende idades moi temperás é moi importante descubrir que a lectura é máxica e está chea de soños. Non deixedes de soñar!


viernes, 11 de abril de 2025

VACACIÓNS SEMANA SANTA

 


Lembrade que hoxe comezan as vacacións de Semana Santa, que se prolongan ata o luns 21 de abril,
Agardámosvos o martes 22 de abril coas pilas cargadas.


martes, 1 de abril de 2025

viernes, 28 de marzo de 2025

SAÍDA AO MONTE DO CASTRO 🌄

 

Preme na imaxe para ver as fotos

Onte, o alumnado de 4º de Educación infantil visitou o parque arqueolóxico do Monte do Castro para así rematar o seu proxecto da Prehistoria. Alí, coñeceron o xacemento do Castro que consta de tres fortalezas e descubriron cómo vivían os habitantes dos castros hai 2000 anos. Logo merendaron e xogaron xuntos no parque. Pasaron unha mañá xenial!

viernes, 14 de marzo de 2025

SAIDA A CASAPLANTA 🪴⚘

Preme na imaxe para ver as fotos

Hoxe, o alumnado de 6º de Educación infantil fixo unha saída o Centro de xardinería Casaplanta coincidindo co case comezo da primavera. Alí, ensináronlles o proceso de crecemento das plantas e os seus cambios de estación, cómo actívanse os cinco sentidos con elas, diferentes tipos de plantas de xardín, aromáticas, decorativas,.. 
Foi unha gran experiencia!

SEMANA DA PRENSA📰


Preme na imaxe para ver as fotos

Durante esta semana, o alumnado de Educación Infantil celebrou a Semana da Prensa onde coñeceron a importancia deste medio de comunicación a través de actividades adaptadas a súa idade. Así, fixeron papiroflexia con xornais, buscaron imaxes e palabras, fixeron a portada do seu propio xornal,...
De esta maneira, fomentouse a súa curiosidade e interese polas letras.

viernes, 28 de febrero de 2025

COMEDOR MARZO


 

ENTROIDO 2025 🚗💡⏰

 

                             Preme na imaxe para ver as fotos

E un ano máis chegou o entroido ao cole. Unha das épocas máis divertidas e alegres do ano. Este ano a temática estivo relacionada cos inventos e os seus inventores así o alumando de 4º de Educación infantil foi de coches, o de 5º de Educación infantil de lámpadas e o de 6º de Educación infantil de reloxos. Fixeron un desfile amosando a todas as familias os seus traxes e logo disfrutaron dun ratiño de baile no patio do colexio. 

Foi un día cheo de color e alegría!

viernes, 14 de febrero de 2025

FELIZ DÍA DO AMOR E DA AMIZADE 🩷

                              Preme na imaxe para ver as fotos

Hoxe, 14 de febreiro, celebramos na escola o día do Amor e da Amizade, co que se pretende enxalzar os valores de amor e respecto aos compañeiros/as. Así, o alumnado de infantil realizou diferentes actividades cheas de amor. 

                                Feliz día de San Valentín!





sábado, 8 de febrero de 2025

SAÍDA AO MERCADO 🍎🍐🍗🐟

O alumnado de 5º EI foi o pasado xoves ao Mercado das Travesas para complementar así o seu proxecto sobre a alimentación saudable "Coas mans na masa".

Preme na imaxe para ver as fotos

   Afastáronse do seu entorno máis próximo e tiveron a sorte de poder degustar algúns dos produtos do mercado.

jueves, 6 de febrero de 2025

VISITA Á LIBRARÍA 📖

             Preme na imaxe para ver as fotos

Hoxe, seguindo co proxecto "Aquí hai moito conto", o alumnado de 6º de Educación Infantil, visitou a libraría "Libros para soñar" onde gozou dun fantástico contacontos. Foi unha saída moi divertida.

miércoles, 5 de febrero de 2025

SAÍDA "PROXECTO OS SENTIDOS"✋👀👃👄👂


                  Preme na imaxe para ver as fotos

Hoxe, o alumnado de 4º de Educación infantil rematou o "Proxecto dos cinco sentidos". Así, como actividade final fixo unha visita ao supermercado "Plenus", ubicado moi preto do colexio. Alí, o alumnado coñeceu hábitos saludables na alimentación dándolle a súa importancia na froitería, na pescadería e na carnicería. Unha experiencia moi didáctica e divertida!

viernes, 31 de enero de 2025

MENÚ COMEDOR FEBREIRO


 

A PAZ COMEZA CUN SORRISO ☮🕊


                      Preme na imaxe para ver as fotos


O día 30 de Xaneiro celebrouse na escola o Día da Paz  conmemorando unha cultura da non violencia e da paz.                   Así, todo o alumnado da escola reuniuse no patio e da man cantaron todos xuntos a canción de Diego Torres - "Color Esperanza".


miércoles, 8 de enero de 2025

viernes, 20 de diciembre de 2024

VISITA DE PAPÁ NOÉL E FESTIVAL DE NADAL 🎄🎅🎁

 

Preme na imaxe para ver as fotos

Coa chegada do Nadal, chegou a tan esperada visita de Papá Noél e o fantástico festival de Nadal. Foi unha xornada estupenda chea de moitas emocións. 

BO NADAL E FELIZ 2025 FAMILIAS!

viernes, 13 de diciembre de 2024

lunes, 9 de diciembre de 2024

RECOLLIDA DE XOGUETES

 Durante esta semana, organizada pola AMPA, levarase a cabo Unha recollida de xoguetes no cole en colaboración coa ONG VIDA DIGNA



Hoxe, luns 09 de decembro foi o primero día de recollida e poderedes traer xoguetes ata o venres 13.


miércoles, 4 de diciembre de 2024

SAÍDA A SEDE AFUNDACIÓN 📖



Preme na imaxe para ver as fotos

Hoxe, o alumnado de 6º de Educación infantil fixo unha visita a Sede Afundación con motivo do inicio do proxecto "Aquí hay mucho cuento". Alí, fixeron unha visita - conto chamada "El oráculo de los cuentos" e logo para afianzar o aprendido, participaron nun taller artístico relacionado coas emocións.

 

viernes, 29 de noviembre de 2024

sábado, 23 de noviembre de 2024

SAÍDA AO CASTELO DE SOUTOMAIOR 🏰⛨

Preme na imaxe para ver as fotos

O alumnado de 6º de Educación Infantil converteuse, durante un día, en cabaleiros medievais, facendo gala dos seus escudos na súa visita ao Castelo de Soutomaior. 
Con esta saída, puideron afondar e poñer a proba os coñecementos adquiridos ao longo do proxecto "Rodaxe no castelo", ademais de coñecer a historia da nosa contorna a través dunha aprendizaxe significativa.



martes, 19 de noviembre de 2024

SAÍDA Á PRAZA 8 DE MARZO 🎡


Preme na imaxe para ver as fotos

 Hoxe, o alumnado de 4º de Educación Infantil, saíu por primeira vez da escola. Foron á praza 8 de marzo como fin do proxecto de investigación co cal coñeceron o seu entorno. Foi unha xornada moi divertida!


domingo, 17 de noviembre de 2024

MAGOSTO 2024 🌰🔥

Preme na imaxe para ver as fotos


O vindeiro venres celebrouse no cole o tradicional Magosto onde o alumnado puido gozar do rico sabor a castañas. Pasárono moi ben pelando e comendo castañas. Viva o magosto! 

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE 🔒



Estimadas familias, cómpre lembrar que para acceder ás fotos publicadas no blog deberedes entrar dende o correo electrónico do voso fill@, só así teredes acceso a elas.                                                            Grazas pola vosa colaboración.

jueves, 14 de noviembre de 2024

SAÍDA AO COLEXIO SAN MIGUEL II 🫀🫁🦴

O alumnado de 5º de infantil tivo a sorte de poder disfrutar duns obradoiros relacionados co corpo humano e coa saúde nun centro educativo veciño, no Colexio San Miguel II. Estes obradoiros estiveron organizados polos estudantes do FP de Coidados Auxiliares de Enfermería. 


Preme na imaxe para ver as fotos

Divertíronse moitísimo e tiveron a oportunidade de asentar coñecementos e vivir novas experiencias.
Non podían ter tido unha forma mellor de pechar o proxecto do Corpo Humano.


lunes, 4 de noviembre de 2024

sábado, 2 de noviembre de 2024

SAÍDA AO MONTE DO CASTRO 🌰🍁🍂🍄

  

Preme na imaxe para ver as fotos


Xa chegou o outono e o alumnado de 5º e 6º de infantil visitou o Monte do Castro para confirmalo. Alí, disfrutaron das paisaxes fermosas típicas desta época do ano e os cambios que sufre a natureza.