venres, 29 de novembro de 2024

sábado, 23 de novembro de 2024

SAÍDA AO CASTELO DE SOUTOMAIOR 🏰⛨

Preme na imaxe para ver as fotos

O alumnado de 6º de Educación Infantil converteuse, durante un día, en cabaleiros medievais, facendo gala dos seus escudos na súa visita ao Castelo de Soutomaior. 
Con esta saída, puideron afondar e poñer a proba os coñecementos adquiridos ao longo do proxecto "Rodaxe no castelo", ademais de coñecer a historia da nosa contorna a través dunha aprendizaxe significativa.



martes, 19 de novembro de 2024

SAÍDA Á PRAZA 8 DE MARZO 🎡


Preme na imaxe para ver as fotos

 Hoxe, o alumnado de 4º de Educación Infantil, saíu por primeira vez da escola. Foron á praza 8 de marzo como fin do proxecto de investigación co cal coñeceron o seu entorno. Foi unha xornada moi divertida!


domingo, 17 de novembro de 2024

MAGOSTO 2024 🌰🔥

Preme na imaxe para ver as fotos


O vindeiro venres celebrouse no cole o tradicional Magosto onde o alumnado puido gozar do rico sabor a castañas. Pasárono moi ben pelando e comendo castañas. Viva o magosto! 

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE 🔒



Estimadas familias, cómpre lembrar que para acceder ás fotos publicadas no blog deberedes entrar dende o correo electrónico do voso fill@, só así teredes acceso a elas.                                                            Grazas pola vosa colaboración.

xoves, 14 de novembro de 2024

SAÍDA AO COLEXIO SAN MIGUEL II 🫀🫁🦴

O alumnado de 5º de infantil tivo a sorte de poder disfrutar duns obradoiros relacionados co corpo humano e coa saúde nun centro educativo veciño, no Colexio San Miguel II. Estes obradoiros estiveron organizados polos estudantes do FP de Coidados Auxiliares de Enfermería. 


Preme na imaxe para ver as fotos

Divertíronse moitísimo e tiveron a oportunidade de asentar coñecementos e vivir novas experiencias.
Non podían ter tido unha forma mellor de pechar o proxecto do Corpo Humano.


luns, 4 de novembro de 2024

sábado, 2 de novembro de 2024

SAÍDA AO MONTE DO CASTRO 🌰🍁🍂🍄

  

Preme na imaxe para ver as fotos


Xa chegou o outono e o alumnado de 5º e 6º de infantil visitou o Monte do Castro para confirmalo. Alí, disfrutaron das paisaxes fermosas típicas desta época do ano e os cambios que sufre a natureza.