sábado, 7 de xuño de 2025
Á AUGA....PATOS! 🏄 🌊
xoves, 5 de xuño de 2025
¡AVENTURA ANIMAL NA GRANXA ESCOLA "O HÓRREO"!
domingo, 1 de xuño de 2025
FESTAS LABOR 2025 🎉🎨🎤🎊
domingo, 25 de maio de 2025
MAIO CULTURAL - FESTA DA PRIMAVERA 🌸🌻🌼🦋
Para rematar o Maio cultural, o pasado venres, o alumnado de Educación Infantil celebrou a "Festa da primavera" , cunha explosión de cor e creatividade. Un día alegre onde o alumnado demostrou o seu talento e entusiasmo. Unha mostra de arte e diversión dividida en diferentes obradoiros: o intrépido alumnado de 4º de Educación infantil preparou unhas fermosas vidreiras de primavera que encheron de luz e cor as nosas ventás; o enxeñoso alumnado de 5º de Educación infantil realizou unha incrible alfombra de sal máxica creando un mundo de fantasía e por último, o alumnado de 6º de Educación infantil converteuse en verdadeiros artesáns no obradoiro de bolboretas e colares de flores no que empregou materiais reciclados e moita creatividade. Agardamos que disfrutedes das fotos. Ata a próxima aventura!
xoves, 22 de maio de 2025
SAÍDA Á BIBLIOTECA "JUAN COMPAÑEL" 📖
Como broche de ouro do Plan lector de aula, no que, cada fin de semana, o alumnado de 6º de Educación infantil levou un conto para a súa casa, tivo a sorte de poder visitar a biblioteca "Juan Compañel", para coñecer o seu funcionamento e as súas normas. Puido ver a cantidade de contos que hai alí, cómo facer para solicitar o carné da biblioteca e disfrutou co visionado e lectura de diferentes contos. Foi un día xenial!
mércores, 21 de maio de 2025
MAIO CULTURAL - GARDIÁNS DA NATUREZA 🐯🦁🐘🐦
martes, 20 de maio de 2025
MAIO CULTURAL - AS TRES ERRES: REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR
luns, 19 de maio de 2025
MAIO CULTURAL E A PEQUE GRANXA 🐮🐴
Hoxe, o alumnado de 4° de Educación infantil expuso a súa Peque granxa, enmarcada dentro do proxecto "Un granxeiro en apuros" e do Maio cultural. Os peques convertíronse en magníficos granxeiros, aprendendo de cada un dos animáis que viven alí e os cuidados que necesitan. Foron uns pequenos artistas.
venres, 16 de maio de 2025
MAIO CULTURAL E LETRAS GALEGAS 🎶
Hoxe, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, que este ano honra ás Cantareiras, o alumnado de 6º de Educación infantil disfrutou dunha actividade moi orixinal aproveitando a celebración do Maio cultural no centro. Dúas mestras ensináronlle como é un traxe rexional, vestíronos, cantaron, tocaron a pandeireta e aprenderon uns sinxelos pasos de baile galego. Cando remataron, na clase decoraron ás Cantareiras e unha pandeireta. Disfrutaron moito da cultura galega,
SAÍDA AO MUSEO DO MAR ⚓
Hoxe, o alumnado de 5° de infantil, realizou unha visita en autobús ao Museo do Mar. Alí participaron no obradoiro “Tesouros da ría”. Aprenderon e observaron moitas especies mariñas no acuario, dende peixes de moitas cores, unha quenlla, cangrexos, cabaliños de mar,...ata un dente dun megalodón. Ampliando deste xeito, o seu proxecto ¡SOS animais en perigo de extinción! no que están inmersos. O pasaron moi moi ben !!!
mércores, 14 de maio de 2025
MAIO CULTURAL "CIENCIAGUA" 🔬 👩🔬🧑🏻🔬
luns, 5 de maio de 2025
SAÍDA AO TEATRO 🎦
venres, 25 de abril de 2025
SAÍDA KIDCODE 🤖 🧩♻️
mércores, 23 de abril de 2025
DÍA DO LIBRO 📚
venres, 11 de abril de 2025
VACACIÓNS SEMANA SANTA
martes, 1 de abril de 2025
venres, 28 de marzo de 2025
SAÍDA AO MONTE DO CASTRO 🌄
Onte, o alumnado de 4º de Educación infantil visitou o parque arqueolóxico do Monte do Castro para así rematar o seu proxecto da Prehistoria. Alí, coñeceron o xacemento do Castro que consta de tres fortalezas e descubriron cómo vivían os habitantes dos castros hai 2000 anos. Logo merendaron e xogaron xuntos no parque. Pasaron unha mañá xenial!
venres, 14 de marzo de 2025
SAIDA A CASAPLANTA 🪴⚘
SEMANA DA PRENSA📰
venres, 28 de febreiro de 2025
ENTROIDO 2025 🚗💡⏰
Preme na imaxe para ver as fotos
E un ano máis chegou o entroido ao cole. Unha das épocas máis divertidas e alegres do ano. Este ano a temática estivo relacionada cos inventos e os seus inventores así o alumando de 4º de Educación infantil foi de coches, o de 5º de Educación infantil de lámpadas e o de 6º de Educación infantil de reloxos. Fixeron un desfile amosando a todas as familias os seus traxes e logo disfrutaron dun ratiño de baile no patio do colexio.
Foi un día cheo de color e alegría!
venres, 14 de febreiro de 2025
FELIZ DÍA DO AMOR E DA AMIZADE 🩷
Preme na imaxe para ver as fotos
Hoxe, 14 de febreiro, celebramos na escola o día do Amor e da Amizade, co que se pretende enxalzar os valores de amor e respecto aos compañeiros/as. Así, o alumnado de infantil realizou diferentes actividades cheas de amor.
Feliz día de San Valentín!
sábado, 8 de febreiro de 2025
SAÍDA AO MERCADO 🍎🍐🍗🐟
xoves, 6 de febreiro de 2025
VISITA Á LIBRARÍA 📖
mércores, 5 de febreiro de 2025
SAÍDA "PROXECTO OS SENTIDOS"✋👀👃👄👂
Hoxe, o alumnado de 4º de Educación infantil rematou o "Proxecto dos cinco sentidos". Así, como actividade final fixo unha visita ao supermercado "Plenus", ubicado moi preto do colexio. Alí, o alumnado coñeceu hábitos saludables na alimentación dándolle a súa importancia na froitería, na pescadería e na carnicería. Unha experiencia moi didáctica e divertida!
venres, 31 de xaneiro de 2025
A PAZ COMEZA CUN SORRISO ☮🕊
Preme na imaxe para ver as fotos
O día 30 de Xaneiro celebrouse na escola o Día da Paz conmemorando unha cultura da non violencia e da paz. Así, todo o alumnado da escola reuniuse no patio e da man cantaron todos xuntos a canción de Diego Torres - "Color Esperanza".