venres, 28 de marzo de 2025

SAÍDA AO MONTE DO CASTRO 🌄

 

Preme na imaxe para ver as fotos

Onte, o alumnado de 4º de Educación infantil visitou o parque arqueolóxico do Monte do Castro para así rematar o seu proxecto da Prehistoria. Alí, coñeceron o xacemento do Castro que consta de tres fortalezas e descubriron cómo vivían os habitantes dos castros hai 2000 anos. Logo merendaron e xogaron xuntos no parque. Pasaron unha mañá xenial!

venres, 14 de marzo de 2025

SAIDA A CASAPLANTA 🪴⚘

Preme na imaxe para ver as fotos

Hoxe, o alumnado de 6º de Educación infantil fixo unha saída o Centro de xardinería Casaplanta coincidindo co case comezo da primavera. Alí, ensináronlles o proceso de crecemento das plantas e os seus cambios de estación, cómo actívanse os cinco sentidos con elas, diferentes tipos de plantas de xardín, aromáticas, decorativas,.. 
Foi unha gran experiencia!

SEMANA DA PRENSA📰


Preme na imaxe para ver as fotos

Durante esta semana, o alumnado de Educación Infantil celebrou a Semana da Prensa onde coñeceron a importancia deste medio de comunicación a través de actividades adaptadas a súa idade. Así, fixeron papiroflexia con xornais, buscaron imaxes e palabras, fixeron a portada do seu propio xornal,...
De esta maneira, fomentouse a súa curiosidade e interese polas letras.