venres, 25 de abril de 2025

SAÍDA KIDCODE 🤖 🧩♻️

Preme na imaxe para ver as fotos


Hoxe, o alumnado de 6º de Educación infantil, para rematar o proxecto "Operación Recicla", foi de excursión a Kidcode. Alí, coñeceron diferentes formas de coidar o planeta utilizando as tres R (Reducir, Reutilizar e Reciclar). Ademais, realizaron un obradoiro onde cada un elaborou o seu propio robot empregando materiais reciclados. Pasárono xenial!!

mércores, 23 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO 📚

Preme na imaxe para ver as fotos


Hoxe, o alumnado de Educación infantil celebrou o Día do libro e o profesorado lembroulles a importancia no inicio da lectura a cal lévaos a rincóns máxicos con persoaxes imaxinarios cheos de fantasía. Así, os libros son un pasaporte ao mundo e dende idades moi temperás é moi importante descubrir que a lectura é máxica e está chea de soños. Non deixedes de soñar!


venres, 11 de abril de 2025

VACACIÓNS SEMANA SANTA

 


Lembrade que hoxe comezan as vacacións de Semana Santa, que se prolongan ata o luns 21 de abril,
Agardámosvos o martes 22 de abril coas pilas cargadas.


martes, 1 de abril de 2025