Para rematar o Maio cultural, o pasado venres, o alumnado de Educación Infantil celebrou a "Festa da primavera" , cunha explosión de cor e creatividade. Un día alegre onde o alumnado demostrou o seu talento e entusiasmo. Unha mostra de arte e diversión dividida en diferentes obradoiros: o intrépido alumnado de 4º de Educación infantil preparou unhas fermosas vidreiras de primavera que encheron de luz e cor as nosas ventás; o enxeñoso alumnado de 5º de Educación infantil realizou unha incrible alfombra de sal máxica creando un mundo de fantasía e por último, o alumnado de 6º de Educación infantil converteuse en verdadeiros artesáns no obradoiro de bolboretas e colares de flores no que empregou materiais reciclados e moita creatividade. Agardamos que disfrutedes das fotos. Ata a próxima aventura!
domingo, 25 de maio de 2025
xoves, 22 de maio de 2025
SAÍDA Á BIBLIOTECA "JUAN COMPAÑEL" 📖
Como broche de ouro do Plan lector de aula, no que, cada fin de semana, o alumnado de 6º de Educación infantil levou un conto para a súa casa, tivo a sorte de poder visitar a biblioteca "Juan Compañel", para coñecer o seu funcionamento e as súas normas. Puido ver a cantidade de contos que hai alí, cómo facer para solicitar o carné da biblioteca e disfrutou co visionado e lectura de diferentes contos. Foi un día xenial!
mércores, 21 de maio de 2025
MAIO CULTURAL - GARDIÁNS DA NATUREZA 🐯🦁🐘🐦
martes, 20 de maio de 2025
MAIO CULTURAL - AS TRES ERRES: REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR
luns, 19 de maio de 2025
MAIO CULTURAL E A PEQUE GRANXA 🐮🐴
Hoxe, o alumnado de 4° de Educación infantil expuso a súa Peque granxa, enmarcada dentro do proxecto "Un granxeiro en apuros" e do Maio cultural. Os peques convertíronse en magníficos granxeiros, aprendendo de cada un dos animáis que viven alí e os cuidados que necesitan. Foron uns pequenos artistas.
venres, 16 de maio de 2025
MAIO CULTURAL E LETRAS GALEGAS 🎶
Hoxe, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, que este ano honra ás Cantareiras, o alumnado de 6º de Educación infantil disfrutou dunha actividade moi orixinal aproveitando a celebración do Maio cultural no centro. Dúas mestras ensináronlle como é un traxe rexional, vestíronos, cantaron, tocaron a pandeireta e aprenderon uns sinxelos pasos de baile galego. Cando remataron, na clase decoraron ás Cantareiras e unha pandeireta. Disfrutaron moito da cultura galega,
SAÍDA AO MUSEO DO MAR ⚓
Hoxe, o alumnado de 5° de infantil, realizou unha visita en autobús ao Museo do Mar. Alí participaron no obradoiro “Tesouros da ría”. Aprenderon e observaron moitas especies mariñas no acuario, dende peixes de moitas cores, unha quenlla, cangrexos, cabaliños de mar,...ata un dente dun megalodón. Ampliando deste xeito, o seu proxecto ¡SOS animais en perigo de extinción! no que están inmersos. O pasaron moi moi ben !!!