venres, 28 de febreiro de 2025

COMEDOR MARZO


 

ENTROIDO 2025 🚗💡⏰

 

                             Preme na imaxe para ver as fotos

E un ano máis chegou o entroido ao cole. Unha das épocas máis divertidas e alegres do ano. Este ano a temática estivo relacionada cos inventos e os seus inventores así o alumando de 4º de Educación infantil foi de coches, o de 5º de Educación infantil de lámpadas e o de 6º de Educación infantil de reloxos. Fixeron un desfile amosando a todas as familias os seus traxes e logo disfrutaron dun ratiño de baile no patio do colexio. 

Foi un día cheo de color e alegría!

venres, 14 de febreiro de 2025

FELIZ DÍA DO AMOR E DA AMIZADE 🩷

                              Preme na imaxe para ver as fotos

Hoxe, 14 de febreiro, celebramos na escola o día do Amor e da Amizade, co que se pretende enxalzar os valores de amor e respecto aos compañeiros/as. Así, o alumnado de infantil realizou diferentes actividades cheas de amor. 

                                Feliz día de San Valentín!





sábado, 8 de febreiro de 2025

SAÍDA AO MERCADO 🍎🍐🍗🐟

O alumnado de 5º EI foi o pasado xoves ao Mercado das Travesas para complementar así o seu proxecto sobre a alimentación saudable "Coas mans na masa".

Preme na imaxe para ver as fotos

   Afastáronse do seu entorno máis próximo e tiveron a sorte de poder degustar algúns dos produtos do mercado.

xoves, 6 de febreiro de 2025

VISITA Á LIBRARÍA 📖

             Preme na imaxe para ver as fotos

Hoxe, seguindo co proxecto "Aquí hai moito conto", o alumnado de 6º de Educación Infantil, visitou a libraría "Libros para soñar" onde gozou dun fantástico contacontos. Foi unha saída moi divertida.

mércores, 5 de febreiro de 2025

SAÍDA "PROXECTO OS SENTIDOS"✋👀👃👄👂


                  Preme na imaxe para ver as fotos

Hoxe, o alumnado de 4º de Educación infantil rematou o "Proxecto dos cinco sentidos". Así, como actividade final fixo unha visita ao supermercado "Plenus", ubicado moi preto do colexio. Alí, o alumnado coñeceu hábitos saludables na alimentación dándolle a súa importancia na froitería, na pescadería e na carnicería. Unha experiencia moi didáctica e divertida!