mércores, 25 de xuño de 2025

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN 🌞


BO VERÁN!

 

OLIMPIADAS INFANTIL 🏀🏅🎉 🔴🟡🟢🔵

Preme na imaxe para ver as fotos


A pasada semana foi un día moi especial: celebrouse no cole a primeira Olimpiada Infantil. Con moita ilusión, todos os peques participaron en diferentes xogos e divertidos circuítos.
Foi un día cheo de risas, compañerismo e moita enerxía. Aprenderon que o máis importante non é gañar, senón participar con alegría, apoiar aos seus compañeiros de equipo e gozar do deporte. Unha lembranza inesquecible!

mércores, 18 de xuño de 2025

FESTA DE BURBULLAS DE XABÓN

Preme na imaxe para ver as fotos


 Onte, para rematar o curso e como actividade grupal de Educación infantil, todo o alumnado disfrutou facendo burbullas de xabón. Pasárono fenomenal!!

SAÍDA A VIGONATURE 🌳

 

Preme na imaxe para ver as fotos

O pasada venres, para concluir o proxecto da granxa e como despedida deste curso, o alumnado de 4° de Educación infantil foi de excursión a Vigo Nature.

Alí, descubriron obradoiros ambientais, animais que nunca viran e gozaron do ceo nocturno dentro do planetario. Foi unha experiencia xenial!

sábado, 7 de xuño de 2025

Á AUGA....PATOS! 🏄 🌊

Preme na imaxe para ver as fotos

O pasado venres, para concluír o proxecto da auga e como despedida desta etapa, o alumando de 6º de Educación infantil foi de excursión a practicar surf a praia de Patos. Pasárono xenial! E a maioría deles demostraron as súas habilidades motrices na auga.  Botarémósvos de menos peques! Seguide nadando coma patos! 🦆

xoves, 5 de xuño de 2025

¡AVENTURA ANIMAL NA GRANXA ESCOLA "O HÓRREO"!

 

Preme na imaxe para ver as fotos

Qué día tan emocionante pasou o alumnado de 5º de Educación infantil na excursión de fin de curso á Granxa Escola "O Hórreo"! Coñeceron animais como burros, ovellas, cabalos, aves, pavos reais, guacamais,  Ademais, fixeron un obradoiro de insectos como o insecto pau, bolboretas, tarántulas, escorpións, cempés e milpés.  
Foi unha experiencia única!

domingo, 1 de xuño de 2025

MENÚ COMEDOR XUÑO 🍴



FESTAS LABOR 2025 🎉🎨🎤🎊

Preme na imaxe para ver as fotos


 O pasado venres 30 de maio tiveron lugar no centro as festas do cole. Este ano o alumando encheu o colexio dun mundo de cores  Disfrutaron moito coas actuacións e cos inchables. Ata o ano que vén!