O 30 de xaneiro conmemórase o Día da Paz e da Non Violencia, e como non podía ter sido doutro xeito, dende o Colexio Labor fixémonos eco diso.
Se pinchades na imaxe do mural que fixeron os alumnos e alumnas de primaria, móstranse as pombas da paz que, o alumnado de Educación Infantil fixo na clase ao tempo que recordaron a importancia dunha boa convivencia e respeto aos demais.