martes, 18 de xuño de 2024

Patos á auga!


Preme na imaxe para ver a galería de imaxes


Este ano, a finais de curso, o alumnado de 6º de Educación infantil foi de excursión á praia. O destino eliixido foi a praia de Patos. Foi unha xornada moi animada e deportiva na que o alumnado comezou a practicar surf e paddle surf. Risas, xogos, chapoteo e amigos foron a nota dominante da xornada. A seguir nadando!

venres, 7 de xuño de 2024

DESCUBRINDO O MUNDO DAS ABELLAS



                      Preme na imaxe para ver a galería de fotos

O pasado mércores, o alumnado de 5º de Educación Infantil foi de excursión de fin de curso á "Granxa Apípolis" para poñer o broche de ouro ao último proxecto do curso: SOS!Animais en perigo de extinción. Alí, vestíronse de apicultores, probaron o pole, fixeron un obradoiro de galletas de mel e descubrion cómo as abellas coidan as colmeas e axudan na produción do mel. Aprenderon moitas cousas e gozaron moito desta experiencia.

martes, 4 de xuño de 2024

LABOR EN FESTAS

Preme na imaxe para ver o vestuario

O pasado 31 de maio tiveron lugar no centro as festas do cole. Este ano o alumando fixo un repaso das cancións do verán máis escoitadas ao longo dos derradeiros anos. Disfrutaron moito coas actuacións e co concerto de Barafunda. Ata o ano que vén!

 

MAYO CULTURAL - "CULTURA URBANA"

Preme na imaxe para ver as marabillosas obras


Dende o 2015, Vigo converteuse nun museo ao aire libre de diferentes rexistros artísticos. Así, dende o noso centro e coincidindo coa celebración do "Mayo cultural", o alumnado de Educación infantil elaborou diferentes obras artísticas que se poden atopar nas principais rúas da cidade. 

 

MENÚ COMEDOR XUÑO