xoves, 29 de febreiro de 2024
mércores, 28 de febreiro de 2024
VISITA AO SÚPER
E para rematar o proxecto dos sentidos... VISITA AO SÚPER!
Hoxe pola mañá ambos grupos de tres anos puxéronse os abrigos e pasearon ata un dos supermercados da nosa rúa para poder ver de cerca todos os alimentos e poñer en práctica os seus coñecementos. Coñeceron a todas as persoas que traballan alí e explicáronlles en que consisten os seus traballos.
Moitas gracias ao Plenus que ademais de permitirlles a visita e facela moi divertida, fixéronlles algún que outro agasallo.
domingo, 18 de febreiro de 2024
A GALOPE!
sábado, 10 de febreiro de 2024
ENTROIDO, ENTROIDO
Como cada ano, no cole, celebrouse o noso Entroido particular, coa temática das bandas deseñadas. Por iso, os nenos e nenas de Educación Infantil convertíronse nos mellores superheroes e superheroínas que podíase imaxinar.
Aínda que foi unha festa pasada por auga, iso non lles impediu festexar e divertirse cos seus compañeiros e compañeiras. Desexámosvos que pasedes un bo entroido!