O día 7 de abril foi o Día da saúde e para facernos eco desa conmemoración convidamos a dous sanitarios moi especiais... un papá e unha mamá dos nosos grupos.
Preme na imaxe para ver o ben que o pasaron
Faláronlles sobre o concepto de saúde e explicáronlles cales son os hábitos que teñen que seguir para axudar ao noso corpo a estar san: alimentación saudable, facer exercicio, durmir ben e pensar cousas positivas. Tiveron a oportunidade de aprender para que sirven aquelas prácticas que fan os médicos cando van ás revisións (o fonendo, o pauciño da garganta, a luz para ver os ollos, etc.).
Ademais, en caso de emerxencia, explicáronlles a quen deberían chamar e cómo deberían actuar.
Foi unha experiencia moi enriquecedora e por iso dámoslle as gracias unha vez máis aos nosos colaboradores.