martes, 19 de novembro de 2024

SAÍDA Á PRAZA 8 DE MARZO 🎡

 Hoxe, os nenos e nenas de tres anos saíron por primeira vez da escola. Foron á praza 8 de marzo como fin do proxecto de investigación co cal coñeceron o seu entorno.


Preme na imaxe para ver as fotos

Foi unha xornada moi divertida!

domingo, 17 de novembro de 2024

MAGOSTO 2024 🌰🔥

Preme na imaxe para ver as fotos


O vindeiro venres celebrouse no cole o tradicional Magosto onde o alumnado puido gozar do rico sabor a castañas. Pasárono moi ben pelando e comendo castañas. Viva o magosto! 

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE 🔒



Estimadas familias, cómpre lembrar que para acceder ás fotos publicadas no blog deberedes entrar dende o correo electrónico do voso fill@, só así teredes acceso a elas.                                                            Grazas pola vosa colaboración.

xoves, 14 de novembro de 2024

SAÍDA AO COLEXIO SAN MIGUEL II

Os alumnos e alumnas de 5º de infantil tiveron a sorte de poder disfrutar duns obradoiros relacionados co corpo humano e coa saúde nun centro educativo veciño, no Colexio San Miguel II. Estes obradoiros estiveron organizados polos estudantes do FP de Coidados Auxiliares de Enfermería. 


Preme na imaxe para ver as fotos

Divertíronse moitísimo e tiveron a oportunidade de asentar coñecementos e vivir novas experiencias.
Non podían ter tido unha forma mellor de pechar o proxecto do Corpo Humano.


luns, 4 de novembro de 2024

sábado, 2 de novembro de 2024

SAÍDA AO MONTE DO CASTRO 🌰🍁🍂🍄

  

Preme na imaxe para ver as fotos


Xa chegou o outono e o alumnado de 5º e 6º de infantil visitou o Monte do Castro para confirmalo. Alí, disfrutaron das paisaxes fermosas típicas desta época do ano e os cambios que sufre a natureza. 

xoves, 31 de outubro de 2024

FESTA DE SAMAÍN!

Preme na imaxe para ver as fotos


Onte, celebrouse no cole a terrorífica "Festa de Samaín" , onde o alumnado disfrutou dun contacontos e dun magnífico desfile.

Ademais, celebrouse o concurso de cabazas no que unha alumna de 6º infantil resulto gañadora na súa categoría. Grazas a todos os participantes e as súas familias pola vosa colaboración.

venres, 25 de outubro de 2024

TRUCO OU TRATO!👻💀🎃🦇.

 O vindeiro mércores 30 de outubro, celebrarase no colexio unha terrorífica festa de Samaín cun divertidísimo contacontos, un desfile de disfraces e moitas sorpresas. Atrévete a vir!




Ademais, haberá o tradicional concurso de cabazas organizado pola AMPA.



luns, 30 de setembro de 2024

xoves, 19 de setembro de 2024

MENÚ COMEDOR SETEMBRO


 

VOLTA AO COLE!




Comezamos o curso 24/25 coas pilas cargadas e sabendo que "xuntos crecemos, xuntos aprendemos". 


luns, 1 de xullo de 2024

BO VERÁN


                                 


                                   


O equipo de Educación infantil 

VIGO NATURE

 VAIA EXPERIENCIA! 

Preme na imaxe para ver as fotos

Poder pasar o día xuntos xa fixo que tivésemos unha xornada moi especial, pero poder coñecer os animais do parque dun xeito TAN cercano ten sido unha pasada. 

Non podíamos ter elexido unha mellor maneira de nos despedir.


martes, 18 de xuño de 2024

Patos á auga!


Preme na imaxe para ver a galería de imaxes


Este ano, a finais de curso, o alumnado de 6º de Educación infantil foi de excursión á praia. O destino eliixido foi a praia de Patos. Foi unha xornada moi animada e deportiva na que o alumnado comezou a practicar surf e paddle surf. Risas, xogos, chapoteo e amigos foron a nota dominante da xornada. A seguir nadando!

venres, 7 de xuño de 2024

DESCUBRINDO O MUNDO DAS ABELLAS



                      Preme na imaxe para ver a galería de fotos

O pasado mércores, o alumnado de 5º de Educación Infantil foi de excursión de fin de curso á "Granxa Apípolis" para poñer o broche de ouro ao último proxecto do curso: SOS!Animais en perigo de extinción. Alí, vestíronse de apicultores, probaron o pole, fixeron un obradoiro de galletas de mel e descubrion cómo as abellas coidan as colmeas e axudan na produción do mel. Aprenderon moitas cousas e gozaron moito desta experiencia.

martes, 4 de xuño de 2024

LABOR EN FESTAS

Preme na imaxe para ver o vestuario

O pasado 31 de maio tiveron lugar no centro as festas do cole. Este ano o alumando fixo un repaso das cancións do verán máis escoitadas ao longo dos derradeiros anos. Disfrutaron moito coas actuacións e co concerto de Barafunda. Ata o ano que vén!

 

MAYO CULTURAL - "CULTURA URBANA"

Preme na imaxe para ver as marabillosas obras


Dende o 2015, Vigo converteuse nun museo ao aire libre de diferentes rexistros artísticos. Así, dende o noso centro e coincidindo coa celebración do "Mayo cultural", o alumnado de Educación infantil elaborou diferentes obras artísticas que se poden atopar nas principais rúas da cidade. 

 

MENÚ COMEDOR XUÑO


 

domingo, 26 de maio de 2024

SAÍDA A NATURNOVA

 O venres, o alumnado de 4º de Educación Infantil tivo a sorte de disfrutar dunha saída didáctica ao centro interactivo de Educación Medioambiental Naturnova. Nel repasaron os sentidos e exploraron as sensacións que nos proporciona a natureza a través deles, ademais de aprender acerca das fontes de enerxía e moitas outras cousas do noso planeta.

Preme na imaxe para ver todo o que fixemos


O tempo acompañou e disfrutaron do sol na praza do Rei, merendando e xogando todos xuntos.

UNHA VETERINARIA MOI ESPECIAL

Esta semana, o alumnado de 4º de infantil tivo unha visita moi especial. A nai dun alumno viu explicarlles a súa labor como veterinaria, axudándolles así co proxecto da granxa no que están a traballar.

Preme na imaxe para ver as fotos

 Están moi agradecidos por explicarlles tantas cousas e por facerlles ver a importancia de respetar e coidar os animais, puidendo comprobar que nalgunhas cousas somos ben parecidos.

xoves, 23 de maio de 2024

VISITA AO MUSEO DO MAR

 

Preme na imaxe para ver a galería de fotos

Para comezar o proxecto "SOS! Animais en perigo de extinción"  o alumnado de 5º de Educación Infantil, foi de excursión ao Museo do Mar e alí visitaron o acuario onde viron moitos animais acuáticos. Ademais, fixeron un obradoiro de manipulación moi interesante. Pasárono xenial!

mércores, 1 de maio de 2024

martes, 23 de abril de 2024

FELIZ DÍA DO LIBRO

 

Preme na imaxe para ver a galería de imaxes


Hoxe, 23 de abril, nas aulas de Educación Infantil, celebrouse o "Día do libro" e para iso, o alumnado elaborou uns marcadores fantásticos. 
O principal obxectivo de dita celebración é estimular e promover á lectura dende idades temperás.

Bo día do libro!


"O mellor agasallo para un neno ou nena é un conto" (Gloria Fuertes)

domingo, 21 de abril de 2024

VISITA "FUNDACIÓN SALES"

Preme na imaxe para ver a galería de imaxes


O pasado venres, o alumnado de 6º de Educación infantil foi visitar o xardín botánico da Fundación Sales con motivo do seu proxecto relacionado coa auga. Alí puideron coñecer unha gran variedade de plantas silvestres e cultivadas ademais de realizar un taller de plantación. 

domingo, 14 de abril de 2024

DÍA DA SAÚDE

 O día 7 de abril foi o Día da saúde e para facernos eco desa conmemoración convidamos a dous  sanitarios moi especiais... un papá e unha mamá dos nosos grupos. 

Preme na imaxe para ver o ben que o pasaron


Faláronlles sobre o concepto de saúde e explicáronlles cales son os hábitos que teñen que seguir para axudar ao noso corpo a estar san: alimentación saudable, facer exercicio, durmir ben e pensar cousas positivas. Tiveron a oportunidade de aprender para que sirven aquelas prácticas que fan os médicos cando van ás revisións (o fonendo, o pauciño da garganta, a luz para ver os ollos, etc.).

Ademais, en caso de emerxencia, explicáronlles a quen deberían chamar e cómo deberían actuar.

Foi unha experiencia moi enriquecedora e por iso dámoslle as gracias unha vez máis aos nosos colaboradores.


luns, 8 de abril de 2024

MUSEO MARCO

O pasado venres, o alumnado de 4º de Educación Infantil, fixo unha saída ao Museo de Arte Contemporánea (MARCO) e puideron disfrutar da exposición guiada do artista Daniel Verbis.


Ademáis, tíñanlles preparado un obradoiro de arte no que puideron disfrutar pintando cunha técnica moi creativa. 
Pincha na foto para ver as obras que fixeron e o ben que o pasaron coñecendo as distintas salas do museo.

sábado, 23 de marzo de 2024

venres, 15 de marzo de 2024

KIDCODE

Hoxe, os alumnos e alumnas de 6⁰ de infantil visitaron KIDCODE, un centro de tecnoloxía, ciencia e habilidades dixitais moi preto do noso cole.

Preme na imaxe para ver cánto se divertiron

Fixeron un obradoiro de reciclaxe ♻️ e diseñaron uns robots que lles axuden a cuidar o planeta. 
Moitas grazas a todos e todas as monitoras do centro que tanto lles ensinaron e axudaron.


venres, 8 de marzo de 2024

8M - DIA INTERNACIONAL DA MULLER



Preme na imaxe para ver os seus arcos da vella


Hoxe celebrouse o 8 de marzo, día internacional da muller, e o fixeron a través dun conto chamado "Los colores" no que se traballa a coeducación e a importancia de dicirlles aos nenos e nenas a necesidade de estar unidos na loita. Como actividade final, cada neno e nena colorearon un arco da vella. 

                    Valentes - Invencibles - Loitadoras
 

martes, 5 de marzo de 2024

SAÍDA AO MERCADO

Preme na imaxe para ver o ben que o pasaron


Para finalizar o proxecto "COAS MANS NA MASA" e afianzar os aprendizaxes adquiridos, o alumnado de 5º de Educación infantil foi visitar o "Mercado das Travesas" onde coñeceron os diferentes postos: peixerías, carnicerías, tendas de froitas, tendas de flores,...
Pasárono moi ben!

Moitas grazas ao Mercado das Travesas por acollernos tan ben.