venres, 25 de outubro de 2019

SAMAÍN

O vindeiro mércores, 30 de outubro, celebraremos a festa do SAMAÍN. Ademáis da caracterización e ambientación propias da data, faremos unha merendola saudable para a que vos pediremos colaboración.

Por outro lado, animámosvos a participar no concurso familiar de calabazas Samain 2019 organizado polo ANPA do Labor. Máis información no seu Blog.


martes, 1 de outubro de 2019

Escola de música

Comeza, un ano máis, o curso de música que imparte no colexio o CCMUS. Para tódalas idades e niveis. Máis información en https://www.facebook.com/centrocreativomusical


venres, 27 de setembro de 2019

Menús de comedor e merendas

Recordamos ás novas familias que poden consultar o menú de cada mes neste blog, tamén as dietas especiais. Os alumnos de 3 anos xa poden contratar o servicio de comedor.

Compartimos ademáis para os novos alumnos o noso calendario de merendas.

Un saúdo a todos, e desexámosvos un estupendo inicio de curso.

martes, 21 de maio de 2019

Parque dos sentidos

En pleno casco urbano de Marín, tamén coñecido como Finca de Briz, disfrutamos dun maravilloso parque a través dos cinco sentidos.





luns, 6 de maio de 2019

Muiños de Barosa


Os nosos alumnos en Barro, no parque natural do Río Barosa. 







Máis fotos

xoves, 2 de maio de 2019

luns, 18 de marzo de 2019

Hockey

Tivemos a sorte de contar cunhas clases de hockey impartidas por algúns dos xogadores do Traviesas Hockey Club de Vigo. Gracias a eles tivemos unha xornada de achegamento a este deporte, unha experiencia nova para a maoiría e moi divertida para todos.



     

martes, 5 de marzo de 2019

Entroido 2019

Este ano disfrazados de peixes, estrelas e pulpos para representar o conto do Peixe Arocoiris.